Friday 22 de November de 2024

Aguiño será sede da ACT o vindeiro sádado día 20 de xullo


Hoxe déronse cita na escultura dos percebes de Aguiño, os alcaldes de Ribeira, Boiro, A Pobra do Caramiñal, a xerencia da Mancomunidade Barbanza Arousa, o patrón maior de Aguiño, edís do concello de Ribeira e a xunta directiva da ACT para presentar a proba de remo profesional que se vai a celebrar por primeira vez en augas de Aguiño. A proba terá lugar no porto de Aguiño entre as 17:00 e as 20:00h.
A liga da ACT é a liga estatal de remo creada pola Asociación de Clubes de Traiñas como primeira división do remo no Cantábrico e Atlántico.

Daniel Vázquez, da xunta directiva da ACT, contextualizou que “no seu momento houbo unha iniciativa de Barbanza-Arousa e ACT de promocionar no Barbanza este deporte náutico e xa é a segunda xornada como Mancomunidade polo tanto a segunda bandeira Euskolabel masculina e a primeira Euskotren feminina, dende a ACT, a xunta directiva e os clubes queremos agradecer tanto a Barbanza-Arousa coma ao Concello de Ribeira o interese para traer a Aguiño este deporte importantísimo e tradicional coma son as traíñas. “O lugar é espazo e moi bo para a práctica das traíñas onde hai posibilidades de mar aberto e iso quere decir que pode haber ondas que farán da proba algo moi divertido para os remeiros e para o público” asegurou. Tamén recordou que “é unha pobra de alto nivel, é deporte élite do banco fixo onde están os mellores remeiros e remeiras.

O día da proba haberá unha “FanZone” que se ubicará nas inmediacións do porto, poderase degustar unha pequena mostra da nosa gastronomía ligada ao mar.
O rexedor ribeirense comentou que “os eventos como este dannos a coñecer na cornixa cantábrica, que alberga comunidades emisoras de visitantes de Barbanza Arousa, e onde queremos seguir posicionándonos e dándonos a coñecer. Dende a Mancomunidade Barbanza Arousa e dende o Concello de Ribeira queremos apoiar e colaborar con este evento para que todos e todas as participantes se sintan benvidos e desfruten dunha gran xornada o próximo sábado día 20 e tamén que descubran a beleza do noso territorio”. Pérez Barral destacou a importancia de promover este deporte e da repercusión económica que terá no propio territorio porque atraerá a miles de persoas duante a xornada do sábado.
Para rematar o acto engadiu “dende a Mancomunidade queremos agradecer aos equipos participantes, aos organizadores, patrocinadores e voluntarios; que sen o seu traballo e compromiso, o evento non sería posible. Desexamos a todos os equipos moita sorte e que desfruten desta competición, do noso concello e da nosa comarca”.