O segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta o edil do Mar, Fernando Abraldes, os organizadores, Jesús Antonio Paz e Conchi Olveira presentaron no día de hoxe a I Xuntanza de esculturas de area que terá lugar o vindeiro 27 de xullo de 11:00 a 13.00 horas na praia da Ladeira.
Abraldes especificou que as esculturas van a ser só de auga e area, non poderá haber ningún tipo de pegamento ou polímeros para a decoración, “as esculturas vanse a facer na baixamar da praia ca intención de non causar ningún inpacto á píllara das dunas”.
Por outra parte o organizador do evento, Jesús Paz agradeceu ao “Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán” por outorgar o permiso para facer a xuntanza e ao concello de Ribeira; tamén comunicou que esta primeira xuntanza tera continuidade dependendo das mareas, o día 10 en Palmeira e o día 16 en Aguiño.
A organización incide en que a xuntanza vai a ser nun parque natural e haberá que cinguirse a unhas normas polo que o número de inscricións serán 60 como máximo, as inscricións faranse no Bar A Curuxa en Olveira ou no teléfono: 881 56 15 41. Jesús indicou que a organización vai a facer unha escultura “photo-call” onde se van a poder subir os nenos e agradeceu a colaboración do xuradoformado pola Asociación contra o cancro de Ribeira e a influencer Nuska Chouza.
Rematou o acto de presentación o segundo tenente de Alcalde, Suárez-Puerta afirmando que esta xuntanza vai a ser unha novidade para os nenos do concello “para nós é moi importante facer actividades novidosas para nenos e máis se cabe se poden interactuar na mesma espallando a súa creatividade”.
Todos os participantes terán que traer os aparellos para deseñar a escultura, os nenos estarán acompañados por un só adulto.