O túnido da Lonxa da Coruña será o protagonista desta iniciativa organizada polo Concello que se desenvolverá desde hoxe e ata o 18 de agosto
Esta mañá presentouse a primeira edición das xornadas gastronómicas ‘A Coruña, que bonito’, una iniciativa organizada polo Concello da Coruña con tres claros obxectivos: poñer en valor a excepcional calidade do bonito, potenciar a competitividade do turismo gastronómico na cidade e apoiar o sector da restauración. En total son 26 os establecementos que desde hoxe, e ata o 18 de agosto, ofrecerán nos seus menús pratos co bonito da Lonxa da Coruña como protagonista.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, foi o encargado de presentar estas xornadas na planta baixa do Mercado de San Agustín. Participaron tamén Juan Carlos Corrás, presidente da Lonxa da Coruña, Álvaro Victoriano, presidente de Coruña Cociña, e Víctor Fernández, do restaurante Pedra Furada.
Gonzalo Castro agradeceu aos chefs a súa unión nesta campaña xa que “é unha acción que suma ao éxito turístico da nosa cidade, que continúa consolidándose como un dos mellores destinos para visitar a nivel nacional e grazas, precisamente, á nosa gastronomía”. O edil tamén subliñou que estas Xornadas Gastronómicas “forman parte das medidas postas en marcha polo Goberno de Inés Rey para impulsar eventos gastronómicos que contribúan á potenciación do turismo ofrecéndolles produtos de calidade e proximidade”.
O bonito da Lonxa da Coruña será o auténtico protagonista destas xornadas e os comensais poderán degustar a súa preparación en 26 establecementos da cidade: Restaurante A Mundiña, Atípico, Cantón 23, Charlatán, Cícero, Chícharo, Culuca, Golosía, Greca, La Con Fusion, La Teresa, Lola Kitchen, Mesón de Herves, Miga, Millo Orzán, O Lagar da Estrella,Pablo Gallego, Peculiar, Pedra Furada, Pracer, Pulpeira de Melide, Salitre, Taberna 5 Mares, Taberna da Tabacalera, Ultramarinos Galera e Vinoteca Jaleo.
Para as Xornadas Gastronómicas ‘A Coruña, que bonito!’ cada local participante ofrecerá unha proposta diferente e algúns pratos poderán acompañarse dunha maridaxe da cervexa 1906 recomendada por Estrela Galicia, entidade colaboradora.
Estas son as propostas:
A Mundiña: Bonito adubado, sopa de allobranco e tomates cherry pasificados. Atípico: Bonito, escabeche de cenorias, grosellas e espinaca fresca.
Cantón 23: Bonito encebolado con piparras fritas.
Charlatán: Bonito curado en auga de mar, gazpacho de cereixas e menta chocolate. Recomendada maridaxe cunha 1906 Black.
Cícero: Bonito con guiso de lentellas estufadas. Recomendada maridaxe cunha 1906 Milnueve.
Chícharo: Tataki de bonito, ponzu de cereixas e algas escabechadas
Culuca: Bonito á brasa con escabeche de cenoria
Golosía: Bonito sobre verduras de mar e terra. Recomendada maridaxe cunha 1906 Milnueve.
Greca: Lombo de bonito curado con gazpacho de cereixa
LA CON FUSION: Bonito con pisto, Marmitako ou rolo recheo (3 opcións diferentes)
LA TERESA: Tartar de bonito con manga e piñóns. Recomendada maridaxe cunha 1906 Milnueve.
LOLA KITCHEN: Fideuá de mar con bonito do norte no kamado. Recomendada maridaxe cunha 1906 Pelirroja.
MESÓN DE HERVES: Taquiños de bonito adubado con salsa ponzu, tartar de bonito con shichimi ou lombos de bonito con marmelada de tomate, chícharos e allo (3 opcións diferentes)
MIGA: Bonito do norte asado, allobranco, cebola asada e piparras fritas. Recomendada maridaxe cunha 1906 Milnueve.
MILLO ORZÁN: Bonito e tomate. Recomendada maridaxe cunha 1906 Pelirroja.
O LAGAR DA ESTRELLA: Bonito asado, tomate frito caseiro, zume de bonito e piparras frescas fritas. Recomendada maridaxe cunha 1906 Milnueve.
PABLO GALLEGO: Albóndegas de bonito ou tronco de bonito con sésamo e pistacho. Recomendada maridaxe cunha 1906 Milnueve.
PECULIAR: Gazpacho de tomate verde con bonito curado. Recomendada maridaxe cunha 1906 Pelirroja.
PEDRA FURADA: Tataki de bonito, escabeche de cenorias, emulsión de xenxibre, xalapeño e alfábega. Recomendada maridaxe cunha 1906 Red.
PRACER: Tataki de bonito curado, allobranco de anacardio e albaricoque afumado. Recomendada maridaxe cunha 1906 Milnueve.
PULPEIRA DE MELIDE: Tartar de bonito e ovo frito.
SALITRE: Bonito adubado en remolacha e cítricos. Recomendada maridaxe cunha 1906 Milnueve.
TABERNA 5 MARES: Bonito medio asado con escabeche emulsionado e vinagreta de tomate e piparras.
TABERNA DA TABACALERA: Tartar de bonito e manga ou bonito á brasa con salsa bilbaína.
ULTRAMARINOS GALERA: Bonito adubado, remolacha e parmesano. Recomendada maridaxe cunha 1906 Milnueve.
VINOTECA JALEO: Bonito adubado, tomate e cereixas.