Rodríguez puxo en valor o esforzo feito polo PSdeG de Santiago de Compostela procurando tentar que se alcanzase un pacto integral pola vivenda na cidade.
Bouza comprometeuse a seguir loitando polos intereses reais da veciñanza compostelá en materia de vivenda e seguir esixindo ao goberno municipal que realice os trámites para a declaración de zona tensionada.
Este luns celebrouse en Madrid na sede federal do PSOE un encontro entre a secretaria de vivenda do PSOE, Isabel Rodríguez, e o secretario xeral do PSdeG de Santiago, Aitor Bouza, no marco das xuntanzas iniciadas entre ambos no mes de febreiro en Santiago de Compostela para abordar a políticas socialistas en materia de vivenda para a cidade de Santiago.
Na xuntanza abordouse todo do traballo realizado pola Agrupación Municipal Socialista en Santiago de Compostela en materia de vivenda dende a xuntanza celebrada no mes de febreiro na capital galega.
O secretario xeral do PSdeG-PSOE de Santiago comprometeuse a seguir loitando polos intereses reais da veciñanza compostelá en materia de vivenda e seguir esixindo ao goberno municipal que realice de inmediato todos trámites precisos para a declaración de zona tensionada, xa que levamos 6 meses sen ningún avance, para poder reclamar, acto seguido, que a Xunta de Galicia adopte esa decisión.
Rodríguez puxo en valor o esforzo feito polo PSdeG de Santiago de Compostela procurando por parte das e dos socialistas tentar que se alcanzase un pacto integral pola vivenda na cidade de Santiago de Compostela que incluíra a medida socialista da declaración de zona tensionada para topar os prezos dos alugueres que tanto lle preocupa a cidadanía e tamén as vivendas baleiras.
A secretaria de vivenda do PSOE quixo lembrar o grande avance que supuxo no ano 2023 a limitación do pisos turísticos na cidade de Santiago de Compostela baixo o goberno municipal liderado polo Partido Socialista e animou a seguir avanzando en medidas e políticas que realmente permitan ter unha política de vivenda pensada para os intereses da cidadanía, como as que se propuxeron por parte das e dos socialistas composteláns durante estas últimas semanas e meses.