O sábado, 7 de setembro, Camariñas sae á rúa para realizar unha Andaina Solidaria pola Ataxia, organizada por ‘Con Ataxia pero sin Límites’ coa colaboración do Concello.
A andaina comezará ás 12:00 horas no paseo marítimo da Ponte do Porto e percorrerá a Ruta dos Muíños.
Ao remate, haberá callos, tortilla e música da man de Drewkorm DJ, The DJ Save, DJ Nordic, Grupo Noi e As Cansorriñas.
Ademais, o evento contará cunha exposición de coches clásicos, inchables, sorteos e máis sorpresas.
As persoas interesadas poden inscribirse a través do número de teléfono 697 828 580.