Os veciños e veciñas de Oleiros que se apuntaron a través da web municipal para participar nas cooperativas de vivendas serán convocados durante os próximos días mediante correo electrónico para asistir ás asembleas informativas que se van celebrar no auditorio Gabriel García Márquez de Mera. Neses encontros detallarase toda a información relativa a este proceso, requisitos, prazos, importes, posibilidades de financiación, características das vivendas…
O prezo dos pisos e os requisitos de acceso son os estipulados pola Xunta para este tipo vivendas, tendo preferencia os veciños e veciñas de Oleiros. Serán de máxima calidade e estarán situados en magníficos lugares: centro de Perillo, urbanización de Xaz e centro de Mera.
En España existe un grave problema para o acceso á vivenda do que Oleiros non é alleo. Ante a falta de políticas públicas efectivas por parte da Xunta e do Estado –que son as administracións competentes neste ámbito-, o Concello vai máis alá das súas obrigas e promove a creación de cooperativas de vivendas en Perillo, Dorneda e Mera mediante a venda de varias parcelas de propiedade municipal, logradas gratuitamente a través da xestión urbanística, a prezos inferiores aos de mercado.