Hoxe déronse cita no auditorio de Ribeira o alcalde , Luís Pérez Barral e Victor Loira Calvar, vicepresidente da Asociación Socio Sanitaria Enfermedades Inflamatorias Intestinales e Ostomizados (ASSEII).
O vicepresidente, manifestou que “estamos vendo os baños para ostomizados do auditorio de Ribeira, a vantaxe que ten este baño e que non temos que agocharnos, e polo tanto a calidade de vida non nos mingua tanto”. Loira manifestou que é un paso adiante moi importante e agarda que pouco a pouco vaia habendo máis en Ribeira e na comarca”. Dende a ASSEII traballan dende hai anos pola a inclusión e creación deste tipo de servizos. Loira agradeceu a Luís Pérez as facilidades na inclusión destes baños.
Pola súa banda, Pérez Barral indicou que “estamos contentos de ter instalado estes baños adaptados para persoas con enfermedades intestinais que portan unha bolsa especial. Grazas a eles poderán acudir aos eventos do auditorio de Ribeira de forma normalizada”. O rexedor manifestou a súa alegría por poder colaborar coa asociación e coas veciñas e veciños que no seu día contactaron para transmitirnos cal era a realidade da patoloxía; dende o goberno atendemos esta demanda e integrámola no proxecto do auditorio, algo que non estaba contemplado”.
Desta forma dase un paso máis en accesibilidade para as persoas ostomizadas nos edificios publicos de Ribeira e que paseniñamente iranse instalando en máis edificios públicos. Cabe destacar que estes baños son de patente galega e deseñados e fabricados en Galicia, conxuntamente ca xente do ASSEII.