Sunday 24 de November de 2024

Así foi a X Carreira pola Diversidade


Hoxe, domingo 14 de xullo, tivo lugar a décima edición da Carreira pola Diversidade, a Carreira Solidaria da Asociación Ambar que nesta ocasión conmemora o 40 aniversario da entidade, pioneira na Barbanza, e que ten o obxectivo de visibilizar e promover a inclusión real e efectiva das persoas con diversidade funcional e fomenta valores como a participación, convivencia, igualdade de oportunidades e accesibilidade de todas as persoas.

A Carreira pola Diversidade, tivo lugar hoxe domingo 14 de xullo con saída da Explanada de Coroso, en Ribeira. Acudiron case 300 persoas en tódalas modalidades da carreira. Máis de 80 persoas participaron na Andaina e xuntáronse arredor de 90 cativos nas probas infantís. Un total de 296 persoas participantes.

A esta entrega achegaron corredores e corredoras de distintas comarcas como Álvaro Illobre, Marina Mondelo, Paula Ramallo, Moisés Calvo , Clara Millares, Sabela Pensado ou Javier del Río.
Na entrega de premios, estiveron presentes o Alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral; Xabier Vidal, concelleiro de deportes; Juan Furones, concelleiro de Sanidade; Alicia Romero, secretaria da Asociación Ambar e Milagros Rey, presidenta de Ambar.

Gracias as persoas colaboraras e participantes, recadáronse máis de 7500 €. Este ano a recadación destiranrase ó fondo de becas do que dispón a Asociación Ambar para aquelas familias con poucos recursos, e que están á espera de resolución da súa praza pública, de xeito que poidan contar con axuda para costear os servizos de atención diúrna.
“Agradecer a tódalas persoas participantes, a Mari Carmen Hermo e a Abraham, que idearon esta carreira que xa leva con esta dez edicións, e con eles arrancou e estiveron dende a orixe. Grazas tamén ós nosos colaboradores e ó Concello de Ribeira, por darnos sempre espazo, visibilidade e apoio“ Milagros Rey, Presidenta de Ambar.

Seguido da Presidenta tomaron a palabra Abraham Benítez e Mari Carmen Hermo, quenes comezaron no 2015 facendo a Carreira pola Diversidade. “Hoxe en día podemos sentirnos orgullosos de estar aquí e de ser referentes, isto é gracias a Ambar” Abraham Benítez. “Tiña moita ilusión con esta edición, hai persoas que repetiron dende a primeira. Isto é para celebrar
Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional Lg de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira (A Coruña) 981 875 475 |607 356 550a inclusión, moitísimas gracias.” Mari Carme Hermo.
“ Temos que dar os parabéns e as grazas a Ambar por realizar este evento e por todo o traballo que fan, como sociedade ten que sacarnos un gran orgullo. Temos que estar orgullosos como concello e como sociedade” Pechou o Alcalde Luis Pérez Barral.

Por último tivo lugar un sorteos no que participaron todas as persoas inscritas. Sorteouse 1 vale de adestramento Ozono, 2 vales de fisioterapia María Martínez, 1 cesta de produtos Ambar, 1 cesta de produtos da farmacia de Escarabote, 1 lote de libros da librería Master, 1 bolsa para deportivas da librería Master, 1 lote de gafas miradoiro ópticos e 1 vale de Kurama Boiro.

A xornada foi unha gran celebración, houbo actuación de Batukada da Academia Boa Vibra e Concerto do Grupo Leite con Jalletas nunha sesión vermú con pintxo solidario.
Palmarés
Categorías Inclusivas
Zapatilla inclusiva masculina
1. Javier García del Río
2. Moisés Calvo Viturro
3. Fernando Aderito Carvallo Lisboa
Zapatilla inclusiva femenina
1. Paula Ramallo Ozores
2. Marina Mondelo Piñeiro
Cadeira Masculina
1. Álvaro Illobre Saavedra
2. José Manuel De La Iglesia Martínez
Sub 18
Sub 18 Masculino
1. Mario Alcalde Rial
2. Javier Pérez Valeiras
Senior
Senior Maculino
1. Xacobe Fontán Martínez
2. Alberto Riveiro Lampón
3. Ernesto Triñanes Martinez
Senior Femenina
1. Sara Gonzalez Silva
2. Noemi Vázquez Castroman
3. Sara Crujeiras Sampedro

MASTER
Master 1
Femenino
1. Sabela Pensado Parada
2. Chus García Pena
3. Clara María Millares
Masculino
1. Victor Laíño Silva
2. Jose García Martínez
3. Sergio Rivas de Jesus
MASTER 2
Femenino
1. Lupe Santos Lampón
2. Sonia Ageitos
3. Sabela Varela Varela
Masculino
1. Juan Francisco Fernández Lijó 2. Luis Rosende Fuentes
3. Luis Vazquez
MASTER 3
Femenino
1. Elena Piñeiro Rodríguez
2. Josefa Martínez
Masculino
1. Jorge Manuel Pereira Pinto Lisboa 2. Juan Carlos Brión Lema
3. Jose Navarro Antón
Colaboradores

Queremos destacar tamén a labor e a colaboración do Concello de Ribeira, Ramiro Carregal, Congalsa, Serdeco, Conresa, Tarrío y Suarez, Climafrío, Neumáticos Soto, Coaxial, Rebeca Ozores, Autos Outeiral, Muebles Muñiz, Gadis, Boiresa e hijos, Fariña Bretal, Pablo Ferreirós Vidal Avogado, Motor Boiro, Banca Mediolanum, Eclipse.