Thursday 21 de November de 2024

Remata o curso de iniciación á informática e dixitalización aplicada para persoas desempregadas


A formación enmárcase na posta en marcha do Centro de Capacitación Dixital no Centro Municipal de Emprego dos Rosales

Participaron un total de 20 persoas. Tivo unha duración de 30 horas en horario de mañá, de 9.30 a 13.30

O alumnado curso de iniciación á informática e dixitalización aplicada para persoas desempregadas rematou a formación, impulsada polo Concello da Coruña seguindo a liña do Goberno de Inés Rey na aposta por formación vinculada ao sector tecnolóxico.

Un total de 20 persoas en situación de desemprego recibiron formación básica en informática, dende a xestión de documentación en rede ata manexo de aplicacións de texto. O curso tivo unha duración de 30 horas impartidas en horario de mañá, das 9.30 ás 13.30 horas.

O curso enmárcase na posta en marcha do Centro de Capacitación Dixital no Centro Municipal de Emprego dos Rosales, subvencionado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional para a creación dunha rede estatal de centros de capacitación dixital en entidades locais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, Next Generation EU.

O Concello da Coruña, a través do Servizo Municipal de Emprego, realizou un total de 32 accións formativas no 2023 nas que participaron 452 alumnos/as. Acadouse un 54% de inserción laboral, xa que máis da metade das persoas obtiveron un posto de traballo.