Thursday 21 de November de 2024

O Concello levará ante a Fiscalía a Telefónica polo abandono dos postes na rúa Bouza


Esta é a esperpéntica situación na que Telefónica ten o tendido da rúa Bouza, en Dorneda. A inacción da empresa nesta rúa durante os últimos anos está a causar un grave problema de seguridade, dificultando o acceso ás vivendas e impedindo a unha familia a construción dunha vivenda nunha parcela sobre a que hai tirada un poste.

Ante esta situación, e o total desprezo á cidadanía co que está a actuar Telefónica, o Concello denunciará a situación ante a Fiscalía para que se lle requira xudicialmente á empresa de telecomunicacións a resolución inmediata deste problema. Non se pode tolerar que unha empresa privada que presta un servizo tan importante e básico se comporte de xeito tan irresponsable.