A edil socialista recoñece que o actual documento é un anuncio “de que se vai polo bo camiño” pero reclama que se avance para acadar un “convenio formal” que “obrigue a cumprir a ambas partes”
Un “anuncio de intencións”, así cualifica o Grupo Municipal Socialista o anuncio feito polo execu<vo de Sanmar?n sobre o acordo coa Xunta de Galicia para desbloquear a construción dun aparcadoiro no Hospital Clínico. Un acordo que, precisa Mercedes Rosón, trátase dun protocolo que “non é vinculante”: “non se pode enganar á cidadanía e dar por feito algo que só é un papel con boas intencións”.
Neste sen<do, a edil socialista explica que no protocolo que se anuncia desde o goberno local non concretan prazos e, a pesares de darse por feita a execución desta solución para a mobilidade na contorna do CHUS, “non hai par<da nos orzamentos da Xunta para acometer ese inves<mento”.
“O desbloqueo de esta cues<ón puidera ser unha boa nova” recoñece Rosón que, engade, esta é “unha cues<ón importante e que de verdade afecta á vida das veciñas e veciños de San<ago”. Porén, lamenta que o que hai agora conleve ningún “compromiso formal”, senón que se trata só dun “anuncio de boas intencións”.
“Sigamos e cheguemos a un convenio formal”
Ante esta situación, o Grupo Municipal Socialista reclama ao goberno local e á Xunta que “sigan na negociación” para que “isto que agora se di que se vai facer, se leve a cabo de verdade”. Por iso mesmo, Mercedes Rosón reclama agora alcanzar un convenio formal que teña, “de verdade” carácter vinculante e “obrigue a cumprir a ambas partes”.