As sendas de Miño, nomeadamente a actuación na Senda e Fraga do Xarío, foron recoñecidas na mostra Nova Arquitectura Galega, unha selección de obras expostas no TAC! Festival de Arquitectura
Urbana organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e celebrado en Vigo o pasado 4 de xullo.
O alcalde da cidade anfitrioa, Abel Caballero, fixo entrega do recoñecemento ao estudo miñense Paisaxea, formado por Nuria Freire e Camilo Pampín, destacando no seu discurso a calidade da mostra.
Este recoñecemento ao plan de sendas do Concello de Miño únese á concesión de dúas bandeiras “Carreiro Azul” a dous tramos xa executados e, sobre todo, á gran afluencia de miñenses e visitantes que percorren os itinerarios a diario.
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, lembra que o plan continúa desenvolvéndose, en colaboración con outras administracións en proxectos xa avanzados como a senda desde Ponche do Puzo ata a ponte da Praia Grande ou a pasarela pilotada entre Telle e Ponch edo Puzo.