Friday 22 de November de 2024

As e os socialistas de Santiago reclaman a Goretti Sanmartín que instale pantallas para ver a final da selección española, “que nos representa a todos e todas”


 Aitor Bouza, secretario xeral local, sinala que o Goberno local “non pode esquecer que representa a toda a veciñanza de Compostela”.

 Santiago será a única cidade de Galicia sen pantalla para ver a final “o que demostra que isto responde unicamente a un sesgo ideolóxico”.

O PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela reclama á alcaldesa Goretti Sanmartín que se instalen na cidade pantallas para ver a final da Eurocopa, que se xogará este domingo e na que participará a Selección Española de Fútbol masculina.

“Onte coñecemos a decisión do Goberno local de non instalar ningunha pantalla para poder ver a final, e dende o Partido Socialista estamos totalmente abraiados”, sinala o secretario xeral local Aitor Bouza.

“Consideramos que teñen que rectificar de inmediato”, apunta o socialista, xa que “o Goberno liderado por Goretti Sanmartín non pode esquecer que representa a toda a veciñanza de Compostela”.

O secretario xeral local subliña que “este é un evento deportivo que nos representa realmente a todas e a todos, porque participa a nosa selección”.

“O deporte transmite valores, transmite a mellor imaxe da nosa casa, a España de todos e todas”, afirma Bouza, polo que “todos os veciños e veciñas de Compostela temos dereito a poder compartilo con toda a nosa veciñanza, en colectividade”.

Aitor Bouza aproveitou para indicar que no resto de cidades de Galicia haberá pantalla para poder ver a final, sen embargo non será así en Santiago de Compostela “o que demostra que isto responde unicamente a un sesgo ideolóxico”.

“Dende o Partido Socialista defendemos que se instalen as pantallas para poder ver a final, para que compartamos todos os veciños e veciñas da cidade a final da Eurocopa da Selección Española de Fútbol, que nos representa a todos e a todas”, conclúe.