Friday 22 de November de 2024

Belén do Campo recolle as propostas dos taxistas de Corcubión para mellorar a calidade do servizo na zona


A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, recibiu esta tarde ao portavoz do Grupo Municipal de Corcubión, José Domínguez Buiturón, acompañado polos representantes dos sector do taxi no Concello de Corcubión para escoitar as súas necesidades.

No encontro trasladáronlle a súa proposta de estudar un posible acordo que permita flexibilizar o movemento dos taxis entre Concellos ante o incremento de demanda, nos últimos anos, coa chegada de turistas e peregrinos. Belén do Campo aclarou que este tipo de solicitudes son estudiadas pola Xunta pero teñen que partir sempre por iniciativa dos Concellos.