Friday 22 de November de 2024

Cariño move primeiro este sábado coa celebración do Torneo de Xadrez no paseo marítimo


• Está organizado polo CIDU e o INCUDE, coa colaboración do Concello, a través da súa delegación de Deportes

• Haberá un total de 5 categorías, que abarcan todas as idades: sub-8, sub-10, sub-14 e absoluta

• As inscricións, que son gratuítas, poden formalizarse ata 10 minutos antes do inicio da competición de forma presencial ou a través da ligazón publicada no bando móbil e en xadrezdonorte.org

Este sábado, 13 de xullo, o alpendre do paseo marítimo acollerá o Torneo de Xadrez de Cariño, organizado polo Centro de Innovación Universitaria (CIDU) e por Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias (INCUDE), que conta coa colaboración do Concello de Cariño, a través da súa delegación de Deportes.
O torneo busca dar difusión ao xadrez na comarca de Ortegal, e contará cun total de 5 categorías, que abarcan todas as idades: sub-8, sub-10, sub-14 e absoluta.
Disputarase desde as 15 horas ata as 20 horas nun total de 5 roldas a diario suízo a ritmo de 15’+3”, que contará cun período previo para resolver dúbidas sobre a competición e o xadrez en xeral para os principiantes.
Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría e un libro e pequeno agasallo para todos os participantes. Ademais, haberá unha medalla para todos os participantes sub-14.
Segundo indica a alcaldesa, Ana María López, “é un pracer colaborar con este tipo de iniciativas, que achegan o deporte aos nosos veciños, desde os máis pequenos ata os maiores”.
A rexedora quere “animar a todo o mundo a participar este sábado no torneo, saiban xogar ou non, para poder penetrarse no mundo do xadrez e coñecer un pouco máis sobre este deporte”.
As inscricións, que son gratuítas, poden formalizarse ata 10 minutos antes do inicio da competición de forma presencial ese mesmo día.