▪ Insta ao goberno local a actuar nesa zona na que, por presión dunha árbore, se están a despegar varias lousas
A edil socialista reclama tamén maior coidado na poda e mantemento do arborado urbano e faise eco da denuncia da veciñanza de Casas Novas que cri@can o abandono das árbores da zona
Risco de desprendementos no muro da dársena de Xoán XXIII, é o que advirten desde o Grupo Municipal Socialista que reclaman ao goberno local dilixencia á hora de actuar na zona para evitar unha situación de perigo. Concretamente, a parte do muro afectada é a que se sitúa no camiño paralelo á rúa dos CasFñeiros. O problema: unha árbore que fai presión nas lousas da parede e que xa comezan a desprenderse.
Neste senFdo pronunciouse a edil socialista, Mila Castro, quen instou ao execuFvo de SanmarJn a actuar na zona, procedendo á poda da árbore que medra entre as lousas e á reparación da parte do muro que presenta desperfectos. Unha situación que Castro aproveitou para reclamar un maior coidado e mantemento das zonas verdes de SanFago e, concretamente, no arboredo urbano: “case tódolos días nos chegan queixas pola falta de poda e mantemento das árbores”.
A edil socialista Pxose eco así da denuncia da veciñanza de Casas Novas que criFcan o abandono das árbores da Costa de Santa Isabel, “sen podar e con ramas que invaden as vivendas” explica.
“Vemos como o goberno local descoida as pequenas labores do día a día” lamenta Castro que lamenta ademais a falta de limpeza da beirarrúa de esa mesma vía, “cuberta de follas que poden provocar algunha caída nunha zona, ademais, cunha importante pendente”.