Friday 22 de November de 2024

A Xunta de Goberno acorda prorrogar o convenio para darlle servizo de transporte urbano á urbanización dos Tilos


O concelleiro Xan Duro na reunión coa directora xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Judit Fontenla

O concelleiro Xan Duro na reunión coa directora xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Judit Fontenla

A Xunta de Goberno acordou remitir ao Pleno a aprobación da prórroga do convenio formalizado polos concellos de Santiago e Teo e pola Xunta de Galicia para a coordinación dos servizos de transporte público con orixe e destino na urbanización dos Tilos. O acordo manterase nos mesmos termos nos que foi aprobado en 2020, e estará vixente ata o 30 de setembro de 2028.

A prórroga do convenio fora un dos asuntos abordados polo concelleiro de Mobilidade, Convivencia, e Centros Socioculturais, Xan Duro, na reunión que mantivo coa directora xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Judit Fontenla. O acordo vixente foi asinado en 2020 por un periodo de catro anos e agora, coa prórroga que debe aprobar o Pleno, daríaselle continuidade ás expedicións que a empresa de transporte urbano de Santiago vén facendo á urbanización dos Tilos, no termo municipal de Teo, desde o ano 2015. Estas viaxes, nas liñas 6 e 12, manteñen as mesmas tarifas e bonos que calquera outra do servizo urbano de Santiago.