Friday 22 de November de 2024

O secretario xeral de Universidades supervisa o nunha proceso de matrícula gratuíta na universidade da Coruña para asegurar o seu correcto funcionamento


O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, participaron hoxe nunha proba de matrícula a modo de simulacro para comprobar de primeira man o correcto funcionamento do sistema que posibilita a medida da Xunta de Galicia da matrícula gratuíta. Con isto reflíctese o firme compromiso que o Goberno galego ten no apoio ás familias e na igualdade de oportunidades no acceso á educación, neste caso á educación superior.

A Consellería e as universidades levan varios meses traballando na configuración técnica desta aplicación, que estará dispoñible a partir de mañá, cando as tres universidades públicas galegas abran a primeira quenda de chamamentos para inscrición. O proceso, que é o habitual de todos os anos, ten como única novidade que agora, ao cargar os datos persoais, no apartado de bonificacións ou exencións aparece unha nova opción que é o abono do 99% da Xunta de Galicia. Unha vez concluída a matrícula e comprobado que se cumpran os requisitos, o beneficio é automático.