Sunday 06 de October de 2024

Saída de vía cunha persoa ferida na CP-7304 á altura de Artes, no Concello de Ribeira


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira interviñeron esta mañá nun accidente de tráfico producido na CP-7304, ao seu paso por Artes, no municipio de Ribeira.

A incidencia foi provocada por unha saída de vía na que a persoa ocupante do turismo precisou ser trasladada ao Hospital do Barbanza.