Friday 22 de November de 2024

Ponteceso e a Asociación Integro colaboran para facer da Praia de Balarés un espazo máis inclusivo e accesible


 Os usuarios e usuarias da Asociación, que ten a súa sede en Nantón, crearon unha zona de sombra

 O rexedor, José Manuel Mato, quixo darlle “as grazas aos usuarios e usuarias desta entidade, que grazas ao seu traballo podemos gozar dun novo espazo, ampliando os servizos existentes

 Ademais, aproveitaron para estrear a nova cadeira anfibia coa que se contará no servizo de socorrismo, para facilitar o acceso á auga das persoas con mobilidade reducida

O Concello de Ponteceso e a Asociación Íntegro, con sede en Nantón, colaboran para facer un espazo máis inclusivo e accesible na praia de Balarés.
O alcalde, José Manuel Mato, e o presidente da Asociación Íntegro, Adolfo López, achegáronse ao areal, no que os usuarios e usuarias da entidade realizaron unha nova zona de sombra para ampliar os servizos da praia.
Ademais, aproveitaron para estrear a nova cadeira anfibia coa que se contará no servizo de socorrismo, para facilitar o acceso á auga das persoas con mobilidade reducida.
Segundo explicou o alcalde, José Manuel Mato, “colaboramos coa Asociación Íntegro para mellorar a inclusión e a accesibilidade na praia de Balarés, coa intención de facilitar o achegamento dos usuarios e usuarias con mobilidade reducida tanto ao areal como á auga”.
O rexedor quixo darlle “as grazas aos usuarios e usuarias desta entidade, que grazas ao seu traballo podemos gozar dunha nova zona de sombra, ampliando os servizos na praia, que lembremos que é unha das tres que conta con bandeira azul no noso concello”.
Por último, Mato sinalou que “estreamos tamén a nova cadeira anfibia cedida pola Xunta de Galicia a través da Axega, para que as persoas con dificultades para acceder á auga podan gozar dunha maior facilidade para facelo”.