Saturday 28 de September de 2024

Incendio nunha vivenda na rúa Cristobal Colón do Concello de Ribeira


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados pasadas as 21:00 horas de onte dun incendio nunha entreplanta na rúa Cristobal Colón do concello de Ribeira.

Alertados pola saída de fume nunha das fiestras, os bombeiros identificaron o orixe do lume nun conxelador. Como xa fora extinguido á súa chegada, o operativo consistiu na ventilación do lugar

Tamén acudiu a Policía Local de Ribeira, Policía Nacional e GAEM Ribeira.