Saturday 28 de September de 2024

Incendio nun local hostaleiro da rúa do Concello de Miño


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Betanzos interviñeron pasadas as 14:00 horas deste mediodía nun operativo dirixido á extinción dun lume ocasionado no sistema de extracción de fume nun local de hostalaría na rúa Loios do concello de Miño.

O operativo consistiu na extinción das chamas e na ventilación do lugar.