Saturday 28 de September de 2024

O campo da festa de San Roquiño acollerá unha homenaxe a Os Pequenos de Tállara da asociación O Son do Pote e a UNED A Coruña


A asociación cultural O Son do Pote e a UNED A Coruña, en colaboración co Concello de Lousame, organiza unha homenaxe ao grupo de gaiteiros Os Pequenos de Tállara. Terá lugar este venres 28 de xuño, ás 20:00 horas, no campo da festa de San Roquiño, parroquia de Tállara (Lousame).

A homenaxe contará coa participación dos grupos folclóricos: Os Jaitas Blue, o grupo de gaitas da Sociedade Liceo de Noia, o grupo de pandeireta da UNED Sénior e o grupo de gaitas O Son do Pote.