O BNG de Oleiros denuncia a grave discriminación que suporá a amputación das 8 frecuencias que unían Coruña e Sada domingos e festivos polo norte de Oleiros
O BNG demandará á Xunta da Galiza no Parlamento galego a recuperación inmediata das 22 liñas eliminadas tal e como estaban até o 21 de xuño
Até o día 22 de xuño A Coruña e Sada, Sada e A Coruña estaban unidas por 22 frecuencias que vertebraban o Concello de Oleiros con Sada. Frecuencias que transcorrían polas parroquias de Maianca, Serantes e Dexo (Mera, Lorbé, Dexo…).
De luns a venres existían 14 frecuencias diarias da Coruña a Sada e de Sada á Coruña que vertebraban o norte do Concello de Oleiros e Sada. Os sábados eran unha menos, 13.
Os domingos e feriados existían até o 22 de xuño, 8 frecuencias diarias da Coruña a Sada e de Sada á Coruña que decorrían polas parroquias do norte dos Concellos de Oleiros e Sada.
Estas 14+ 8 frecuencias prestaban servizo ademais ás localidades de Arillo, Santa Cruz, praia de Bastiagueiro, Santa Cristina…. alén das propias localidades de Sada e A Coruña. O dano e a afectación a cidadanía é pois moi grave. Cómpre salientar que se aveciña un verán “quente” na mobilidade de Oleiros e por conseguinte de toda a comarca, xa que 14 liñas menos de luns a sábados e 8 os domingos e festivos nunha zona tan concorrida por visitantes e usuarios dos nosos areais, van saturar aínda máis os cativeiros recursos dos autobuses durante o período estival coas inevitábeis imaxes da pasaxe de pé e inzando os autocarros de Oleiros no mellor dos casos, xa que moita xente pode ficar en terra.
O BNG demandará á Xunta da Galiza no Parlamento galego, a recuperación inmediata das 22 liñas eliminadas tal e como estaban até o 21 de xuño, será a través de iniciativas apresentadas pola nosa deputada oleirense Iria Taibo.