Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Ribeira xa dispón do seu propio bastón


A mañá do 14 de xuño celebrouse a xunta de coordinación ordinaria no concello pero foi todo menos ordinaria; xa que ao finalizar a xuntanza, chamaron ao Alcalde para que seguira a toda a Corporación ata abaixo, ao escenario do auditorio vello.

O rexedor con incredulidade e sorpresa baixaba a pasalera con todo o equipo de Goberno, una vez no escenario do auditorio vello; o tenente de Alcalde, Vicente Mariño con cerimoniosa verbosidade e pompa procedeu ao acto de entrega do novo bastón de mando do Concello de Ribeira a Pérez Barral.

A sorpresa foi argallada pola Corporación a iniciativa de Vicente Mariño que capitaneou o proceso ca máis precisa discreción. O bastón está feito con madeiras nobres xunto co seu estouche, tamén posúe o escudo institucional de Ribeira no mesmo mango do bastón

Desta maneira e por iniciativa da Corporación, péchase a historia do bastón que agora pertence á propia institución.