Friday 22 de November de 2024

O dispositivo de emerxencias da San Xoán realizou 184 asistencias, 45 menos que ano pasado


Os servizos de limpeza viaria levan recollidas 57 toneladas de lixo

O dispositivo de máis de 650 persoas encargado de velar pola seguridade en San Xoán rematou esta mañá sen ter rexistrado incidencias de gravidade. En total, nos distintos postos realizáronse un total de 184 asistencias, o que supón un descenso significativo con respecto ás 229 do ano pasado.

Os auxilios prestados foron na maioría dos casos por causas leves, rexitrándose 46 intoxicacións etílicas, 26 queimaduras, 22 mareos, 33 limpezas oculares, 33 heridas ou laceracións e 13 traumatismos. En total, 23 persoas foron trasladadas a centros médicos, ninguna por causas graves. Ademais, os puntos violeta que operaron en San Xoán, un fixo e tres móbiles, ofreceron información a 895 persoas, de cales 459 foron mulleres e 436, homes.

No tocante a actuacións policiais, a noite rematou con tres persoas detidas, dúas a causa de denuncias de violencia de xénero e unha mais por estar en posesión dun arma carecendo de permiso.
A espera do peche definitivo do dispositivo de limpeza, os servizos de limpeza viaria levan recollidas 57 toneladas de lixo.