Saturday 16 de November de 2024

Máis de 160.000 persoas celebran o San Xoán nas praias e rúas da cidade


Os futbolistas do Dépor Lucas Pérez e Henar Muiña, con Carlos Ballesta, familiares de Luisa Villalta e Alenjandro Hernández do Básquet Coruña, acenderon a falla acompañados pola alcaldesa, Inés Rey

Máis de 160.000 persoas celebraron hoxe o San Xoán na Coruña, unha cita que unha vez máis enchéronse as praias de Orzán e Riazor de milleiros de lumeradas e na que apreciouse un incremento de persoas nas rúas dos distintos barrios da cidade.

Os futbolistas do Dépor, Lucas Pérez e Henar Muiña, con Carlos Ballesta; familiares de Luisa Villalta e Alejandro Hernández, do Básquet Coruña, acompañados pola alcaldesa, Inés Rey, foron os encargados de encender a falla, dedicada este ano aos logros do Dépor tanto masculino como feminino, ao Básquet Coruña, a Luis Villalta e ao 15 aniversario da declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade. Milleiros de persoas asistiron tamén aos fogos de artificio e ao concerto de Mikel Erentxun.