Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo foron alertados hoxe, domingo 23 de xuño, ás 00:45 horas, dun vehículo ardendo na urbanización Riotorto, na parroquia de San Xoán, en Carballo.
Procedeuse á extinción do mesmo cunha mangueira de carrete de alta presión da motobomba. A rúa Syra Alonso cortouse ao tráfico. Rematouse o servizo ás 01:15 horas.
Acuden ao lugar dos feitos, ademais dos bombeiros, dúas patrullas da Policía Local de Carballo, unha patrulla da Garda Civil e a citada motobomba con dous axentes do SMPC de Carballo.
Non se lamentaron danos persoais.