O Concello apoia os programas destinados a mulleres coidadoras e a itinerarios laborales que desenvolve a entidade
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinou no palacio de María Pita coa directora da Fundación Mujeres, Marisa Soleto, dous convenios por importe de 75.000 euros para financiar programas da entidade que traballa pola igualdae real e efectiva entre mulleres e homes.
O convenio de maior importe, da área de Igualdade, servirá para financiar con 50.000 euros o programa Mujeres Coidadoras. A entidade conta con outro convenio, da área de Emprego e por 25.000 euros, destinado ao programa de itinerarios laborais. Inés Rey destacou o compromiso do Concello coa entidade e o seu traballo polo empoderamento e os dereitos plenos das mulleres. “Fundación Mujeres é desde hai anos un referente en aspectos tan importantes como a educación para a igualdade, a prevención da violencia contra as mulleres e a igualdade no emprego”, sinalou Rey.
Neste ano 2024, o Concello mantén convenios nominativos por máis de tres millóns de euros con entidades que traballan pola inclusión, a loita contra as adiccións, os maiores, a infancia, a discapacidade e a defensa dos dereitos e o benestar de persoas enfermas e os seus familiares.