Esta mañá foron izáronse no Concello de Ponteceso as bandeiras azuis correspondentes ás praias de Balarés, Ermida e Osmo.
No acto celebrado en Balarés participaron o alcalde, José Manuel Mato e os concelleiros Juan Ramón Vidal e Raquel Fondo.
Mato subliñou que supón “para nós é un orgullo moi grande dispoñer de tres bandeiras azuis nas praias do Concello, e agardamos que pronto poidamos sumar a praia de Niñóns”.
Xa este ano, e a pesar de que non estaba previsto, o areal de Niñóns disporá de socorristas ao longo das fins de semana e os festivos de xullo e agosto. O servizo de socorrismo estará operativo ata o 8 de setembro.