A delegada da Xunta participou na inauguración do evento Primavera no Camiño Inglés que se celebra hoxe nos Xardíns de Méndez Núñez organizada pola Asociación de Municipios do Camiño Inglés
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no acto de inauguración do evento Primavera no Camiño Inglés, unha iniciativa de promoción da gastronomía e da cultura dos municipios polos que pasada a ruta xacobea, promovida pola Asociación de Municipios do Camiño Inglés. O seu obxectivo é poñer en valor os atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos dos concellos polos que pasa esta ruta, que une Ferrol e A Coruña con Santiago de Compostela.
Entre as 11.00 e as 20.00 horas, os Xardíns de Méndez Núñez acollerá os postos dos 16 municipios adheridos á asociación: A Coruña, Abegondo, Betanzos, Cabanas, Carral, Fene, Ferrol, Mesía, Miño, Narón, Neda, Ordes, Oroso, Paderne, Pontedeume y Santiago de Compostela..
Na súa intervención destacou que o Camiño Inglés é un dos tramos que gaña máis adeptos nos últimos tempos. No 2023 o Camiño Inglés foi elixido po 20.714 persoas, un 5,45 % máis ca no 2022, colocando este tramo no cuarto máis seleccionado polos peregrinos e no que levamos de ano máis de 10.000 peregrinos realizaron esta ruta, un 27% máis ca o ano pasado nestas mesmas datas, o que o mantén como cuarto itinerario máis transitado. A delegada tamén puxo en valor que no que levamos de 2024 máis de 165.000 persoas recolleron a Compostela, un 17% máis ca o ano pasado.
Ademais, lembrou que “o Goberno autonómico realizará un investimento de máis dun millón de euros para impulsar melloras de eficiencia enerxética na rede pública de albergues nos que se incluirán o albergue de Miño, a Casa da Pescadería de Betanzos e o albergue de Bruma en Mesía”.
Belén do Campo lembrou o compromiso do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na chegada, este ano do peregrino 100.000, de seguir traballando por preservar os valores do Camiño e por un modelo turístico sostible e ordenado.
A delega da Xunta rematou sublimando que” desde a Xunta estase a traballar para acadar un Camiño que posicione internacionalmente a marca Galicia. Un Camiño protexido, conservado e posto en valor. E un Camiño hospitalario que atenda a multiculturalidade e que xere coñecemento e riqueza”.