Os bombeiros do parque comarcal provincial de Carballo foron alertados ás 01:39 da madrugada de onte dun accidente de tráfico na estrada AC-418 á altura do cruce da rúa Olveiras, no concello de Carballo.
Non habendo ningunha persoa atrapada, procedeuse á limpeza da vía para poder restablecer a circulación, dado que os vehículos ocupaban o carril de entrada a Carballo. Na calzada había restos de aceite, cristais e plásticos. Tamén restos de madeira e lixo, xa que os vehículos bateran contra unha illa de colectores.
Rematouse o servizo contra as 2:43 horas da madrugada.