Friday 22 de November de 2024

O Concello organiza actividades para nenos e nenas nos mercados municipais nos meses de xuño e xullo


As actividades programadas buscan fomentar o consumo de produtos frescos de proximidade e promover hábitos de vida saudable

O Concello da Coruña desenvolverá actividades sobre consumo e alimentación saudable nos mercados municipais. Trátase de talleres deseñados para nenos e nenas de 6 a 12 anos co obxectivo de descubrir o valor dos mercados municipais na alimentación saudable dunha maneira lúdica e entretida.
Estas actividades buscan fomentar o consumo de produtos frescos de tempada e proximidade, así como promover hábitos de vida saudables entre os máis pequenos. O Goberno de Inés Rey prosegue coa dinamización dos seus mercados con diferentes actividades para todas as idades co obxectivo de aportarlles un valor engadido a estes espazos de gran importancia para a sociedade.

Actividades
A proposta inclúe dous talleres diferenciados, cada un con obxectivos e dinámicas propias para enriquecer a experiencia dos participantes:
Aventura no mercado
● Duración: 1 hora
● Participantes: Nenos e nenas de 6 a 12 anos
● Lugar: Diferentes mercados municipais
● Obxectivo: Fomentar o espírito de exploración e curiosidade a través dunha procura do “tesouro” que permita aos nenos e nenas coñecer os distintos postos e produtos do mercado municipal.
● Descrición: Os participantes percorrerán o mercado seguindo unhas pistas. En cada posto designado, deberán realizar unha pequena tarefa ata conseguir o “tesouro”.
Xogo do prato saudable
● Duración: 1 hora
● Participantes: Nenos e nenas de 6 a 12 anos
● Lugar: Diferentes mercados municipais
● Obxectivo: Explicar aos nenos e nenas a importancia dunha alimentación equilibrada e os beneficios de consumir produtos frescos de tempada comprados nos mercados locais.
● Descrición: A través dun xogo, os participantes descubrirán os alimentos esenciais para unha dieta equilibrada e a súa localización no mercado. Contarán cun gran prato baleiro que irán completando en equipo mediante entretidas probas e preguntas relacionadas cos alimentos e os hábitos de consumo.

Horarios
Cada mercado contará con dúas datas para a realización dos talleres, os cales se levarán a cabo nos seguintes horarios:
● De 10.00 a 11.00: Aventura no mercado
● De 11.15 a 12.15: Xogo do prato saudable
Lugares e datas
Galería de alimentación de Durmideiras – Mercado Municipal
● Martes 25 xuño
● Xoves 4 xullo
Mercado Municipal de Elviña
● Mércores 26 xuño
● Venres 5 xullo
Mercado Municipal de Eusebio da Guarda
● Xoves 27 xuño
● Luns 8 xullo
Mercado Municipal de Monte Alto
● Venres 28 xuño
● Martes 9 xullo
Mercado Municipal de Ramón Cabanillas
● Luns 1 xullo
● Mércores 10 xullo
Mercado Municipal de San Agustín
● Martes 2 xullo
● Xoves 11 xullo
Mercado Municipal das Conchiñas
● Mércores 3 xullo
● Venres 12 xullo