O alcalde de Ribeira, Luís Pérez xunto co 2º tenente de alcalde desprazáronse á praia de Coroso para facer a presentación do servizo de socorrismo para as praias do municipio que comezarán dende hoxe a traballar pola seguridade dos bañistas.
Francisco Suárez referiuse ao compromiso de ampliar o número socorristas. “Cumprimos con ese mandato que adquirimos como goberno ante a veciñanza de Ribeira” asegurou.
“Este ano como novidade temos o aumento de efectivos que pasa de 12 a 23 socorristas e aumentamos o número de praias vixiadas; Coroso, O Vilar, A Ladeira, Castro-Catía e Río Azor.
O rexedor tamén se referiu á tempada ou espazo de tempo en activo que pasa de 2 meses e 10 días a 3 meses para mellorar a seguridade nos areais. “Ribeira por primeira vez terá este servizo en activo de xuño a setembro”.
“O noso compromiso mellorar o servizo para ampliar o número de praias con socorristas por iso este ano se orgnaizou un curso de formación que permitiu formar aos novos mozos e mozas nesta tarefa. Visto o éxito trataremos de facer máis”.
Dende o Concello aseguran que priorizarán a seguridade dos bañistas antes de ter unha bandeira, xa que “os servizos de Coroso van a ser os mesmos; socorrismo, duchas, baños, limpeza, reciclaxe, aparcadoiros…” asegurou Barral.
Este servizo está financiado na súa práctica totalidade polo propio Concello.