O Concello de Laxe vén de rematar as obras de mellora do acceso e explanada exterior da igrexa parroquial de Soesto.
Con esta actuación, que contou cun orzamento de 40.252 euros, melloráronse as condicións para acceder a este espazo, tanto para os peóns como para vehículos e tractores.
O alcalde, Francisco Charlín, asegurou que “coa renovación do pavimento facilítase un acceso moito máis sinxelo á igrexa, tanto a pé coma en coche”, sendo “máis seguro para todos e todas”.