Friday 22 de November de 2024

O martes finaliza un novo curso das actividades de envellecemento activo cunha festa en Santa Cruz


As 400 persoas que participaron durante todo o curso no programa municipal de actividades de envellecemento activo celebrarán o vindeiro martes, día 25, unha actividade de fin do mesmo. Terá lugar a partir das 16:30 horas na praza Esther Pita, en Santa Cruz.

No evento desenvolveranse diferentes actos e exhibicións co obxectivo de celebrar o remate das actividades, celebradas en todas as parroquias do municipio e cunha ampla participación das persoas maiores, que aproveitaron o curso para practicar actividades relacionadas coa memoria, a vitalidade e as artesanías.

A festa estará amenizada por música en directo e contará con transporte específico. En concreto 2 autobuses (un deles adaptado para cadeiras de rodas), que percorrerán todas as localidades do termo municipal, con regreso ao remate da festa.