Friday 22 de November de 2024

Ecosystems 2030 reúne nesta edición preto de medio cento de mulleres líderes no sector das novas tecnoloxías baixo o lema “Women in leadership”


O congreso celebrarase o venres 28 de xuño en Palexco, cunha única xornada de paneis que se completará o sábado 29 co curso de Michael Lewrick

Inés Rey: “Como alcaldesa e como muller o meu compromiso coa reivindicación das mulleres é total, especialmente nos ámbitos máis masculinizados como é o sector tecnolóxico”

Ecosystems 2030, o evento de ecosistemas tecnolóxicos máis importante do mundo, volve á Coruña a vindeira semana. A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá os detalles do evento que se celebrará o venres 28 de xuño no Palacio de Congresos e Exposicións (Palexco); xunto con Omar Hatamleh, presidente executivo de Ecosystems 2030.

A Coruña é sede permanente do encontro dende o pasado 2023, sendo esta a terceira edición consecutiva de Ecosystems 2030 na cidade. A alcaldesa destacou que nos últimos anos a cidade consolidouse como un referente nas TIC grazas ao sector empresarial e académico e ao impulso da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) e a Cidade das TIC. “Son iniciativas que non só reflicten o noso compromiso coa innovación e o desenvolvemento tecnolóxico, tamén a nosa capacidade de xerar e liderar o futuro da tecnoloxía así como de atraer e organizar eventos de talla internacional como Ecosystems2030” explicou.

Nesta edición de Ecosystems 2030, as conferencias concentraranse nun só día, desde as 9.00 da mañá ata as 19.15 horas da tarde do venres 28 de xuño. O programa completarase o sábado 29 de xuño co “Curso empresarial sobre deseño de ecosistemas: desata ao innovador que levas dentro”, impartido por Michael Lewrick, autor do bestseller “The Design Thinking Playbook”. A alcaldesa explicou que a principal novidade da edición é a aposta polas mulleres: “Como alcaldesa e como muller o meu compromiso coa reivindicación das mulleres é total, especialmente nos ámbitos máis masculinizados como é o sector tecnolóxico”, indicou Rey.

Baixo o lema “Women in leadership”, Ecosystems 2030 reunirá preto de medio cento de relatoras procedentes de diversas partes do mundo como Oriente Medio, Estados Unidos, Latinoamérica, España, entre outros. Entre as destacadas relatoras atópanse altas executivas de empresas e organismos tan recoñecidos como Google, IKEA, Intel, Sony Music, Coca Cola, Oracle, Unicef, Mapfre. “Ademais, contaremos coa participación de figuras influentes como a ministra de Asuntos Xurídicos de Xordania, Nancy Namrouqa, e a vicepresidenta da Rede de Solucións de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas, María Cortés Puch” sinalou Rey.

O programa das conferencias abordará temas de gran relevancia e actualidade, incluindo a evolución e desenvolvemento da Intelixencia Artificial, a súa influencia na seguridade e a protección de datos, a cultura da innovación en xeral, e o futuro das redes sociais e sectores como o musical e o dos seguros. “Estou segura de que os froitos deste congreso seguirán posicionando á nosa cidade na vangarda do pensamento e a innovación global” concluíu.
Programación Ecosystems 2030, ao detalle
Venres, 28 de xuño
9.00 – 9.30 horas | Cerimonia de apertura
Helena de Fuentes, Maestra de Ceremonias de ES2030
9.30 – 11.00 horas | Leadership and Security in the AI Era
– Sheila Bangalore, Independent Board Member
– Aysha Khan, CISO y CIO, Treasure Data
– Kristin Seaver, Vice President Strategic Client Engagement, General Dynamics IT (GDIT) – Victoria E. Beckman, Associate General Counsel – Security & Privacy, Shopify – Verónica Pascual Boé, President, ASTI Talent & Tech Foundation
– Moderadora: Bhawna Singh, CTO, Okta Identity Management
11.00 – 11.30 horas – Pausa
11.30 – 13.00 horas | How Different Industries Harvest Innovation
– Carolina García Gómez, Head of New Business & Innovation, IKEA
– Aylin Uysal, Vice President of User Experience Design, Oracle
– Moira Gilchrist, Chief Communications Officer, Philip Morris International – Anna Chokina, Former CEO at Cellular Goods
– Rika Nakazawa, Global Vice President, New Ventures & Innovation, NTT – Moderadora: Zenia Tata, Innovation Strategist
13.00 – 14.00 horas – Almuerzo
14.00 – 15.30 horas | Future of Privacy
– Victoria E. Beckman, Associate General Counsel – Security & Privacy, Shopify – Tülay Kiyildi, Senior Director, Legal Counsel, Europe, The Coca-Cola Company – Onur Korucu, Managing Partner, GovernID
– Patricia Ulecia, Lead Privacy Counsel, Logitech
– Moderadora: Debbie Reynolds, CEO, Debbie Reynolds Consulting
15.30 – 16.00 horas – Pausa
16.00 – 17.30 horas | The Future of AI Governance
– Emerald de Leeuw, Global Head of Privacy & AI Governance, Logitech – Temi Odesanya, Director of AI Governance Automation, Thomson Reuters – Irina Mirkina, Head of Innovation, AI Lead, UNICEF Office of Innovation – Moderadora: Zenia Tata, Innovation Strategist
15.30 – 18.00 horas – Conferencia de clausura
18.00 – 19:15 horas – Networking e peche do día
Sábado, 29 de xuño
9.00 – 12.00 horas | Curso empresarial sobre Deseño de Ecosistemas: “Desata al innovador que llevas dentro” a cargo de Michael Lewrick, autor do bestseller “The Design Thinking Playbook”