Esta semana deu inicio o programa ‘Con Voz de Muller’ na parroquia de Santa Marta.
Con Sara Vierna á fronte dos obradoiros, que se estenderán ata a semana que vén, recolleranse as achegas de todas as participantes para acabar dando vida ao libro ‘Con Voz de Muller: Santa Marta’.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, visitou estes talleres e agradeceu a súa participación a todas as asistentes, resaltando que o resultado será “un traballo de gran relevancia que deixará pegada nas xeracións futuras”.