Saturday 05 de October de 2024

Artes estrea novo parque infantil nas inmediacións do centro recreativo


O obxectivo fundamental que se persegue con este proxecto é dotar á parroquia de Artes dun novo parque infantil, que se situará nunha parcela municipal situada diante do Centro Recreativo de Artes e supuxo un investimento de 110.000€ a cargo POS 2022. O parque infantil está composto por un equipo combinado, un balancín, unha randeeira e 3 xogos de movemento. O pavimento é de caucho continuo para evitar que a rapazada poida mancarse.
Ademais do parque infantil, deixarase unha zona de estacionamento de vehiculos e instaláronse 2 proxectores LED sobre columnas galvanizadas.
Declacións:
Esta actuación forma parte do plan de renove de parques que puxo en marcha o goberno local que contemplaba actuar ademais de en Artes, Banda ao Río (xa finalizado e aberto), Carreira e nas Avesadas.
O investimento que se fará nos parques mencionados chega a 672.000€. A intención do goberno local é seguir actuando noutros parques infantís e zonas deportivas progresivamente para ter espazos nos que a rapazada teña espazos de ocio atractivos e seguros.