Friday 22 de November de 2024

Ambar organizou unhas Xornadas de Formación Xurídica


A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional organizou unhas Xornadas de Formación Xurídica abertas á comunidade, ás que tamén asistiron familiares de persoas usuarias do centro e profesionais de Ambar. A actividade tivo lugar esta mañá no Centro de Recursos da Asociación.
A formación destas Xornadas foi impartida por Pablo Ferreirós. O tema principal foi a Sucesión Testada e tratouse sobre como realizar a xestión de bens das persoas con medidas de protección xudicial (curatela).

Foi unha moi boa oportunidade para empaparse de coñecementos en favor da defensa das persoas con diversidade funcional.