Thursday 21 de November de 2024

Incendio en colectores do lixo en diversos puntos do Concello de Carballo


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo interviñeron esta madrugada en tres operativos causados polos incendios de colectores do lixo en diferentes puntos do Concello de Carballo.

O primeiro deles foi notificado ás 05:18 horas e afectou a dous colectores na intersección entre as rúas Camelias con rúa Begoñas. O segundo, ás 05:38 horas, calcinou catro colectores na rúa Verdillo, mentres que a terceira incidencia ocasionou danos a catro colectores na rúa Fondal Ponte, nas proximidades do cemiterio de Bértoa.