Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ao redor das 00.00 horas desta madrugada dun incendio que afectou a un domicilio en Iria Flavia, no municipio de Padrón.
Á chegada dos bombeiros, na vivenda non había persoas atrapadas e xa non se presentaba lume, polo que a intervención consistiu na ventilación do espazo. As orixe do lume identificouse nunha pota que quedara no lume na planta baixa do fogar.
No operativo tamén participaron Garda Civil, o 061, Protección Civil de Padrón e o GES de Padrón.