No transcurso da cerimonia daranse a coñecer os nomes do mellor deportista e mellores promesas do ano
Xa hai data oficial. O vindeiro luns, 24 de xuño, a Casa da Cultura acollerá a XXII Gala do deporte de Neda. A cita, que arrancará ás 19.30 horas, servirá para reivindicar o esforzo e o traballo desenvolvido nunha ampla variedade de disciplinas por veciños e veciñas do municipio de todas as idades. Xa se coñecen os nomes da vintena de galardoados/as.
Unha vez avaliadas a totalidade de candidaturas presentadas, o Concello vén de facer público o listado de deportistas que serán distinguidos en diferentes modalidades e categorías, en virtude dos resultados e logros acadados durante a tempada 2022-2023.
De entre todos eles e elas sairán tanto o mellor deportista do ano como as mellores promesas (menores de idade) masculina e feminina. Unha decisión que se dará a coñecer no transcurso da gala.
Velaquí o listado de deportistas que serán distinguidos:
Atletismo: Lucía Rivadulla Alonso, Adrián Rivadulla Alonso, Lucía González Gandoy, Sergio González Gandoy e Jonathan Fernández Ríos.
Automovilismo: Miguel Peña Vázquez.
Baile deportivo: Emma Domínguez Puentes.
Breaking: David Amor Vizoso.
Fútbol: SD Rápido de Neda Benjamín
Fútbol sala: Alejandra de Paz González e Ángel Souto Carvalho.
Judo: Liam Alfonso Fernández.
Kárate: Luca Rey Lourido.
Motociclismo: Iván Santiago Fernández.
Natación: Arantza Rivas Fernández, Tania López Sanmartín, Nerea López Sanmartín.
Sincronizada: Noa Pico Pérez.
Tenis: Claudia Freire Mouriz e Samuel Freire Mouriz.
Triatlón: Eloy Villanueva Rico.
Mención especial: Agrupación de voluntarios de Protección Civil de Neda