Friday 22 de November de 2024

As persoas participantes no programa “A Laracha Acolle” visitaron a Área Recreativa de Gabenlle


As asistentes son persoas de Marrocos, Paquistán, Ucraína, Cuba e Colombia residentes no termo municipal da Laracha.

A Laracha acolle é un programa impulsado polo Concello que ten por finalidade a inclusión social e cultural das persoas inmigrantes empadroadas no termo municipal, e en especial ao colectivo das mulleres.
Componse de dúas liñas de acción complementarias entre si, consistentes nun taller de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia e no espazo de expresión e participación cultural Exprésa-T, no que se celebran sesións todos os venres.
Dentro dese espazo Exprésa-T, visitaron a área recreativa de Gabenlle para desfrutar dese espazo xunto ao río Anllóns, aprender sobre a fauna e a flora do lugar e coñecer o patrimonio etnográfico relacionado cos muíños de auga e a súa importancia histórica no concello e en toda Galicia.
Participan no programa A Laracha Acolle persoas residentes na Laracha e procedentes países como Marrocos, Paquistán, Ucraína, Cuba e Colombia.