Friday 22 de November de 2024

O Concello de Oleiros subvencionará ás entidades culturais, veciñais, sociais e ANPAS con 108.000 euros


O Concello de Oleiros abre a convocatoria de subvencións dirixida ás entidades culturais, veciñais, sociais e ANPAS para a promoción e impulso de actividade durante este ano 2024. En total repartiranse 108.000 euros entre todos os colectivos.

O obxectivo desta convocatoria é a promoción e impulso de actividades culturais, educativas e xuvenís, coa finalidade de fomentar un uso activo e creativo do ocio ademais de contribuír á conciliación da vida familiar e promover a difusión e a posta en valor de todas as manifestacións da cultura popular galega.

Poden concorrer a estas axudas todas as ANPAS dos Centros de Ensino Público de 2º ciclo de Educación Infantil, Primaria e Secundaria de Oleiros, as asociacións de nais e pais das escolas artísticas municipais (EMMO e CEMAE), así como as entidades veciñais, culturais, xuvenís e outras entidades sen ánimo de lucro que estean legalmente constituídas e figuren inscritas no Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Oleiros antes do 31/12/2023.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto desde hoxe ata o 10 de xullo (15 días hábiles desde a publicación da convocatoria no BOP -18/06/2024-) a través da Sede Electrónica.

BASES DA CONVOCATORIA: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/06/18/2024_0000004209.pdf