O Concello de Fene mantén un convenio para a xestión compartida cos concellos de Mugardos e Neda do proxecto de prevención de condutas adictivas no eido local para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas aditivas promovidos por concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Este convenio desenvolvese a través da Área de Benestar e Igualdade en colaboración coa Consellería de Sanidade, no que se enmarca, entre outros, o programa de prevención de condutas de risco: “ Reforzo educativo + ocio” que se desenvolveu ao longo do curso escolar e como complemento rematase con esta actividade durante os días 25 e 27 de xuño en horario de 10:00 a 14:00H.
Esta acción lúdica- educativa está orientada á rapazada, con idades comprendidas entre os 9 e os 16 anos.
Ofértanse dous grupos, un en Fene e outro en Neda,
As prazas están limitadas a 8 como mínimo e 20 máximo por grupo.
Lugar: CPI A Xunqueira.
O período de inscrición está aberto ata o 24 de xuño ou ata que se cubran as prazas por orde de inscrición.
As solicitudes se realizarán enviando o formulario de inscrición cuberto ao concello de Fene a través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal
Neste espazo dinámico, participativo é no que se busca a interacción e a conciliación mediante actividades a abordar, entre outras:
• xogos recreativos ao aire libre
• campionato de globos de auga,
• Obradoiros creativos: de orientación espacial (Procura do tesouro con mapa e brúxula) de disfraces e Festa da escuma, coñecemento da natureza, mediante unha ruta/ Ximcana, fotografía de espazos naturais, obradoiros deportivos e moito mais.
Todo isto abordarase tendo en conta as emocións e as necesidades que nos espertan, valorando o noso benestar a través do uso saudable do ocio.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS – AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo – San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Web:http://www.fene.gal