Friday 22 de November de 2024

Recepción da nova grada cuberta para máis de 200 persoas


O Alcalde de Ribeira, Luís Pérez e o concelleiro de Deporte, Xabier Vidal xunto con funcionarios do Concello acudiron ao Complexo Municipal da Fieiteira para recepcionar a nova grada cuberta para o campo de herba sintética.

O campo de fútbol de herba artificial da Fieiteira dispoñía dunhas gradas desmontables cunha cuberta lixeira que resultaba insuficiente para as necesidades dos clubs deportivos. Por este motivo proxectouse a execución dunha grada prefabricada de formigón de 30 m de lonxitude disposta en 4 filas, cuberta con paneis tipo sándwich que irán apoiados sobre unha estrutura metálica formada por perfís de aceiro galvanizados por inmersión.

O acceso ao graderío realizarase mediante dúas escaleiras situadas nos extremos da grada.
Cun investimento superior aos 217.000 € suporá unha mellora para a comodidade dos seareiros de cara ás inclemencias metereolóxicas, unha mellora demandada polas afeccións dos clubs. Tamén Luís Pérez recordou que “no campo de herba natural estase a realizar unha obra para dotar de aseos públicos e cantina o recinto, unha actuación que supón un investimento de 83.000€”.

Por último lembrou o esforzo que realiza o Concello na construción do módulo cuberto de atletismo e deportes de contacto, no que se investirá arredor de 1 millón de euros de fondos propios. Por último Barral detallou que traballan para aumentar as partidas de mantemento para que as áreas e espazos deportivo