· 15 persoas participaron nun taller creativo guiado pola artista Dores Polo.
Onte luns púxose punto e final ás actividades do “Bergondo en Feminino” co obradoiro “Mosaico na memoria”, unha actividade plástica na que se traballou co recordo das antepasadas e no que participaron 15 persoas.
Esta é a cuarta e última actividade da iniciativa, grazas á cal tamén se realizaron tres excursións por Bergondo para visibilizar e poñer en valor a historia de 15 mulleres bergondesas. No taller deste luns, celebrado no CPAP e guiado pola artista Dores Polo, as persoas participantes mesturaron a arte co recoñecemento ás mulleres máis importantes das súas vidas.
O traballo resultante formará parte dunha mostra en Cásaa Museo de María Pita na Coruña que se poderá visitar durante as próximas dúas semanas.