O Oficina Virtual Tributaria de Neda facilita dende xa a autoliquidación do imposto de construcións, instalacións e obras, o coñecido como ICIO, para todas as obras sometidas ao réxime de comunicación previa. O trámite é dende agora obrigatorio, e o servizo online permite xerar as correspondentes cartas de pagamento.
A ferramenta, dispoñible na dirección https://ovtneda.dacoruna.gal/ga/ e accesible a través da web municipal, ponse en marcha despois de que o Concello modificara a ordenanza reguladora deste tributo municipal co fin de xeneralizar esta opción. A medida busca axilizar ao máximo os trámites tributarios á cidadanía, e non require dispor de certificado dixital.
A partir de agora a veciñanza deberá proceder á autoliquidar o imposto, “cuxa carta de pagamento deberá presentarse no momento de dar conta ao Concello das obras a realizar”. Os cambios introducidos na ordenanza permiten ademais practicar unha liquidación complementaria “se no momento de que os servizos municipais realicen unha inspección técnica se comprobase que a base liquidable é superior á declarada pola persoa interesada”.