Friday 22 de November de 2024

Fene estrea este domingo o seu programa de actividades deportivas de verán co Campionato de Fotografía Submarina


O Campionato de Fotografía Submarina de Fene (proba puntuable no Circuito Galego de Fotosub) desenvolverase na mañá do domingo 23 de xuño. Os/as participantes sairán en barco do Peirao de Barallobre ao redor das 9.00 horas e realizarán dúas inmersións: a 1ª, entre as 09.45 e as 11.00 horas, e a 2ª, entre as 11.30 e as 12.45 horas.

Novamente, nesta edición o Concello de Fene oferta 10 prazas (adultos) para asistir de balde como espectador das inmersións dende a embarcación que servirá de apoio á proba. As persoas interesadas en apuntarse poderán facelo enviando un correo electrónico a cultura.deportes@fene.gal (no que indicarán nome e apelidos, data de nacemento, número de DNI e teléfono), antes do xoves 20 de xuño ás 15.00 horas.

Organizan: Concellería de Deportes de Fene, CAS Nautilus Fene e Federación Galega de Actividades Subacuáticas coa colaboración da Cofradía de Barallobre, Transportes Marítimos Fernández Cabana, Garmin e Spetton.